Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Medalla aos 25 anos de entrega a Protección Civil para unha vintena de voluntarios da Costa da Morte

Pedro Lema Alevino Busto e Juanma Trillo Proteccion Civil Cee
Pedro Lema, Alevino Busto e Juanma Trillo, os recoñecidos de Protección Civil de Cee, xunto coa edila Ema Trillo
Medalla aos 25 anos de entrega a Protección Civil para unha vintena de voluntarios da Costa da Morte

Este luns tivo lugar na Estrada a entrega de recoñecementos ás Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) aos voluntarios de Protección Civil de toda Galicia. Recoñecementos en forma de medallas ao mérito por accións concretas, así como os distintivos de permanencia aos voluntari@s que levan máis de 25 anos (que os cumpriron en 2020 e 2021) colaboración activamente na acción cidadá.

Os que cumpriron 25 anos de servizo neste 2021 foron os ceenses Pedro Lema, Avelino Ruso Busto e Juan Manuel Trillo Caamaño; así como os carballeses Antonio Manuel Pedreira Pereira, Eladio García Mariño, e Juan Manuel Barca Añón, que tamén recibiu a medalla de Ouro ao Mérito.

Proteccion Civil Muxia
Voluntarios muxiáns recoñecidos

Tamén se entregaron os Distintivos aos que cumpriron 25 anos o ano pasado, porque non se puideron entregar por mor da pandemia. Os recoñecidos foron: José Antonio González del Oso (Muxía), José M. Castro Villar (Carnota), Adrián Caamaño Búa (Muxía), Jesús López Rama (Carnota), Ezequiel Sambad Pérez (Muxía), Ángel José Carreira Trillo (Muxía), Ramón Pérez Barrientos (Muxía), Francisco José Vilela Rey (Muxía), José Antonio Maceiras Martínez (Carnota), Antonio Manuel Pérez Pereira (Muxía), Manuel Ángel Haz Domínguez (Muxía), José Manuel Lavandeira Lorenzo (Carballo), José Manuel García Castro (Carballo), José Antonio Lorenzo Castro (Carballo), Mónica María Lorenzo Castro (Carballo).

Ramón Pérez Barrientos tamén levou a Medalla de Prata ao Mérito.

Proteccion Civil de Carballo
Voluntarios carballeses recoñecidos con Milagros Lantes

Comentarios