Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido

Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido
Cada vez son máis as administracións e entes turísticos os que se suman a ese comunicado que ten como obxectivo que o O Camiño dos Faros se homologue como Sendeiro de Gran Perorrido GR. Nesta ocasión, son as asociacións locais da bisbarra ás que queren consolidar esta ruta. En concreto trátase de: - Asociación Cultural Malante (Malpica) - Asociación Veciños Eduardo Pondal (Corme) - Colectivo Ecoloxista PX (Ponte do Porto) - Asociación O Eón dos Faros - AEPT (Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas) - Asociación de Vecinos de Fisterra "Costa da Morte" - Universidade Cromática de Corcubión - Club Ciclista Cee - ACDR Pedramar O Pindo Ao longo do mes de xaneiro presentaráse ante a Deputación da Coruña este proxecto co fin de que se involucre na súa consolidación e se convirta así no promotor desta Ruta de Gran Percorrido. Dende a Asocación Camiño dos Faros fan un chamamento a todas os entes públicos e asociacións que se queiran adherir ó comunicado. Para iso, deben de poñerse en contacto con eles en [email protected]

Comentarios