Os murais de Lar exportan os Faros da Costa da Morte á Marina da Coruña

A Marina é o espazo expositivo aberto máis importante da cidade da Coruña. Coas galerías, a imaxe máis icónica da vila herculina, de telón de fondo, e os pasaxeiros dos cruceiros pasando por diante, é un inmellorable lugar para expoñer un produto turístico. E os Faros da Costa da Morte dos murais de Azulexo do concurso de Lar, son un fantástico reclamo.

De aí a importancia de ver que a exposición da 8ª edición da responsabilidade social corporativa de Suministros Lar de Cee, está alí exposta. Un xeito de achegar a arte realizada por estudantes da ESO e usuarios das Asociacións de APEM e Aspaber á veciñanza e visitantes da Coruña, ao tempo que serve de anuncio turístico da nosa comarca.

Mentres, a entidade conta os días para o 10 de xuño, o día da entrega de premios desta edición.

Novas do Concurso de Murais