O Concurso de Murais de Lar volve ás aulas e ás asociacións en clave de naufraxios

Por fin! Un bo símbolo do retorno á normalidade é a volta do Concurso de Murais de Suministros Lar ás aulas dos centros de ensino da comarca e das asociacións. A empresa ceense continúa con esta aposta pola Responsabilidade Social Corporativa en clave formativa, e faino con esta 9ª edición enficada aos Naufraxios.
Unha edición que xa arrincara a comezos de 2020, con algunha charla, pero que tivo que ser adiada pola pandemia.
Xa nos explicaran antes da pandemia Gonzalo e Tatiana Rodríguez as razóns do achegamento ao patrimonio subacuático. Agora, case unha decena de centros (escolares e das asociacións que traballan a diversidade) xa se están sumerxindo nas historias do naufraxio que lle tocou, escollidos coa axuda de Pepe de Olegario, unha eminencia no tema.
O proxecto, ademais de axudar a que a mocidade poña en valor a nosa historia, cultura, a nova vinculación co mar… serve para aprender a cooperar e traballar en equipo, lonxe do mundo competitivo no que sempre nos toca pelexar. Cada equipo suma esforzos para acadar o obxectivo, que é sacar un mural o máis impactante posible, acompañado dunha memoria coa historia do pecio, e as fases do proxecto creativo.
Exposicións itinerantes
Os murais sobre os deportes pasaron por Sanxenxo antes de viaxar a Portonovo
Mentres o resto de murais exhíbense en diferentes puntos do país:
- A 8ª Edición ”Os faros”, no Faro Fisterra.
- A 7ª Edición “Deportes acuáticos”, en Portonovo.
- A 6ª Edición “Os mariscos”, no paseo de Camariñas.
- A 5ª Edición “Fondos mariños”, na Fervenza de Ézaro.
- A 4ª Edición “Xogos populares”, no Museo MELGA de Ponteceso.
- A 3ª Edición “Camiño de Santiago”, en Corcubión.
- A 2ª Edición en diferentes concellos.
- A 1ª Edición en Suministros Lar.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2020: Os escolares sumérxense no patrimonio subacuático cos Carrilo e Pepe de Oleghario.
- 2020: O novo Concurso de Murais de Azulexo de Lar mergúllase no patrimonio subacuático.
- 2019: Por 1 millón de likes para a Costa da Morte
- 2019: Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo.
- 2018: Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo”.
- Agosto 18: Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo.
- 2016: Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo.
- 2014: Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino.