Martes. 19.02.2019
El tiempo

Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo"

Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo"
A concelleira de Sanxenxo, Paz Lago, cos murais de azulexo de Lar que promocionan os faros da Costa da Morte A concelleira de Sanxenxo, Paz Lago, cos murais de azulexo de Lar que promocionan os faros da Costa da Morte Esta pasada fin de semana coñecimos de preto a fermosa exposición dos murais de azulexo que Lar levou ata Sanxenxo, no que significa unha auténtica acción turística para toda a Costa da Morte. Para ver como está a ser a repercusión na capital turística das Rías Baixas, queremos falar coa súa concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Paz Lago. Unha concelleira aberta á novas iniciativas que espallan Sanxenxo e Galicia polas redes. “Queremos que a xente faga millóns de fotos en Sanxenxo para que despois as ensine aos seus amigos e familiares, e por iso queremos traer cousas como esta exposición que sirven de marco perfecto para inundar as redes”, explica.  
  • QPC: Como xorde a posibilidade de traer a exposición dende a Costa da Morte a Sanxenxo?
Pois xurdiume a min por casualidade, porque tiven a sorte de coñecer a Gonzalo Rodríguez, unha persoa ilusionada, e comprometida co seu proxecto social nunha empresa e coa Costa da Morte. Propúxome a idea, a empresa fixo todo o demais e a verdade está sendo un éxito.  
  • QPC: Que lle aporta esta fermosa exposición de azulexo a un dos puntos costeiros máis importantes a nivel turístico de Galicia?
Traer os faros da Costa da Morte a Sanxenxo, tendo en conta que todos somos costa, ten moito sentido, porque trasmite a nosa vida pegada ao mar. Ademais, agora que está tan de moda a arte urbana (estas cousas hai anos era impensable), é moi interesante abrir espazos novos onde se crea cultura. A xente acaba véndoo como algo innovador. Por iso, esta exposición ofrece un novo espazo onde a xente busca inmortalizar o seu paso por Sanxenxo: o momento foto, momento selfie. Queremos que a xente faga millóns de fotos en Sanxenxo para que despois as ensine aos seus amigos e familiares, e por iso queremos traer cousas como esta exposición que sirven de marco perfecto para inundar as redes. Ademais esta exposición pon en valor outras cousas, como o traballo académico e creativo nos institutos, o compromiso social con eses centros de necesidades especiais, e simboliza o importante que é o concurso de murais que fai Suministros Lar.  
  • QPC: Ademais está nunha zona privilexiada, no paseo, entre a praia e o porto, non?
Efectivamente, é moi raro pasar por aí e non ver a xente disfrutando da exposición, sacando fotos, lendo as lendas dos murais… Á hora de buscar un espazo, sabíamos que tiña que estar cerca da costa, nun punto estratéxico de paso, e penso que acertamos ca ubicación, está no centro e recrea un espazo único para eles. Son murais grandes, con colorido, que lucen moito, e coa luz do solpor son aínda máis bonitos.  
  • QPC: Que aporta esta exposición á Costa da Morte? Cantos turistas pasan por Sanxenxo entre xullo e setembro?
É un escaparate ideal para toda a comarca. A xente para, mira os murais, saca fotos e pregunta pola Costa da Morte. Non me atrevería a dar cifras dos turistas que poden pasar durante estes meses por aqui, pero se a poboación é de 17.000 persoas, podemos chegar a 100.000 durante o mes de agosto.  
  • QPC: Repetiredes esta experiencia?
Obviamente. Foi algo que nos chegou de Gonzalo, e soubo como trasladarnos enseguida a súa ilusión. Agora dende logo estamos abertos a calquera iniciativa que nos chegue dende alí. O alcalde de Sanxenxo Telmo Martin cos murais de Lar O alcalde de Sanxenxo Telmo Martin cos murais de Lar

Novas relacionadas

/os-faros-de-azulexo-que-ensinan-a-costa-da-morte-a-milleiros-de-turistas-en-sanxenxo/
Comentarios