Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo

O Faro Fisterra acolle a exposición dos murais de azulexo dos Faros realizados por estudiantes e persoas con diversidade no concurso bianual de Suministros Lar 

Os murais de Azulexo de Lar das Olas en Sanxenxo
Os murais de Azulexo de Lar das Olas en Sanxenxo
Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo

Os murais de Lar son perfectos para facerse unha fotoSon xa un dos elementos representativos da nosa comarca. Os Murais de Azulexo que arman os centros de ensino a raíz do Concurso bianual organizado por Suministros Lar dende 2006 son unha seña de identidade da Costa da Morte. Así o entenden ata en Sanxenxo, onde a súa concelleira os considera “perfectos para que os turistas inmortalicen a súa vila”.

O ano pasado os Faros de Azulexo da Costa xa pasaron o ano no paseo pontevedrés, nun concello que non dubidou en volver solicitar a visita dunha nova fornada de murais.

Así, o o conxunto de obras ata agora exposta Deportes Acuáticos" ao pé da Cascada de Ezaro vaise directa a Sanxenxo por petición da concelleira Paz Lago, substituíndo así a dos Faros. Un lugar ideal onde se valoran como “un museo urbano”.

Ademais, a colección “Os Faros da Costa a Morte" xa están expostos aos pés do Faro de Fisterra, para o goce dos veciños desta marabillosa costa e todos os visitantes que por pasen por alí. Todo gracias ao fascinado que se atopa o organismo de Portos de Galicia con este proxecto educativo e integrado.

Unha circunstancia que permite que veciños e visitantes disfruten destas xoias artísticas feitas polo noso alumnado, así como polos usiarios asociacións de persoas con capacidades extraordinarias como Apem, Aspadex ou Íntegro.

Expándese así esta Costa da Morte única.

Os murais de azulexo de Lar no Faro FisterraProceso de instalacion dos murais de azulexo dos Faros no Faro Fisterra
Proceso de instalación dos murais de azulexo dos Faros no Faro Fisterra

Novas relacionadas

Comentarios