Os centros de ensino mergúllanse no patrimonio subacuático gracias ao transversal Concurso de Murais de Azulexo
Xa estamos no ecuador da 9ª edición do Concurso de Murais de Azulexo de Suministros Lar. Á espera da fermosa entrega de premios, formulada para este vindeiro 10 de xuño, os centros de ensino e as asociacións participantes continúan co proceso de creación artística, despois dun completo traballo de documentación. Xa saben que este ano o tema son os Naufraxios e o patrimonio arqueolóxico subacuático das nosas augas, e como non podía ser doutro xeito, un dos grandes formadores foi Pepe de Oleghario, que retomou as charlas que xa ofrecera xusto antes da pandemia.
Tamén participaron neste proxecto educativo e integrador, que saca ao alumnado dos libros e os achega na realidade que os rodea, aserando para a área de investigación Alicia e Fernando Carrillo (descubridores de varios barcos afundidos en Costa da Morte) de Buceo Finisterre.
”Nesta ocasión han ter que formarse fóra das redes sociais digitales, recorrendo ás redes sociais de toda a vida, as de verdade as. Visitar aos nosos avós e preguntar aos marineros máis maiores que sucedeu naquelas épocas”, explica Tatiana Rodríguez, deixando claro que ”a colaboración interxeracional neste concurso foi fundamental”.
Dende o departamento de Responsabilidade Social Corporativa da empresa queren lembrar os valores de cooperaración e colaboraación que supón este proxecto. “Aprender a sumar esforzos para conseguir os seus obxectivos e que a gratuidade neste sentido non existe”.
O proceso de documentación é longo e antes de poñerse ca parte creativa deben presentar unha memoria sobre a súa idea, o que convirte o proxecto en “multidisciplinar e sobre todo transversal”.
Xurado
O xurado estará composto como sempre por diferentes personalidades do mundo da cultura, a arte, a arquitectura e empresa. Antón Castro comisario de arte; Covadonga Carrasco do Estudo de arquitectura Creusecarrasco; Begoña Fernandez arquitecto de interiores e gerente da galería de arte Stoupa e Félix Quintero, ex-director de Fenosa para Sudamérica.
Exposicións
A día de hoxe, o Certame conta s xa con 8 coleccións temáticas de murales de azulexo que están expostas en diferentes lugares como O Faro de Finisterre, O paseo marítimo de Sanxenxo ou a cascada de Ezaro (lugar onde termina cada ano a volta ciclista) ou o museo Melga de Ponteceso e que se converteron en museos itinerantes que exportan ao mundo a cultura da nosa comarca.
Quedamos mentres, pendentes da cita do vindeiro 10 de xuño, ás 10:30h, nas instalacións da empresa en Cee, onde se determinarán os centros gañadores, nunha gala chea de sorpresas, e a música en vivo da man de Marcos Traba (usuario de asociación Apem de Cee).
Novas do Concurso de Murais
- Outubro 21: O Concurso de Murais de Lar volve ás aulas e ás asociacións en clave de naufraxios.
- Xaneiro 2020: Os escolares sumérxense no patrimonio subacuático cos Carrilo e Pepe de Oleghario.
- 2020: O novo Concurso de Murais de Azulexo de Lar mergúllase no patrimonio subacuático.
- 2019: Por 1 millón de likes para a Costa da Morte
- 2019: Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo.
- 2018: Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo”.
- Agosto 18: Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo.
- 2016: Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo.
- 2014: Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino.