Novas axudas para desenvolver proxectos de eficiencia enerxética

Aqueles empresarios da zona que estean pensando en desenvolver un proxecto de aforro enerxético, teñen cita este martes 5 de maio en horario de 10 a 12 horas na sé da Cámara de Comercio da Coruña. A Camára artella unha Xornada de Traballo: Financia o teu proxecto de aforro energético e/ou enerxías renovables que ten como fin presentar ás empresas potencialmente interesadas (principalmente sectores industriais, transportes e de instalación e/ou produción de enerxías renovables) o fondo JESSICA-FIDAE que promueve o instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía.

Trátase dunha liña de financiamento cunhas condicións máis ventajosas que as de mercado e sen límite mínimo nin máximo de investimento, aínda que con todo apenas se tramitaron solicitudes na comunidade autónoma de Galicia na súa anterior convocatoria.

É unha xornada enfocada a Empresarios e persoal técnico, instaladores de enerxías renovables, consultoras, ingenierías, transportes, pymes, Interesados en xeral. E financia proxectos de aforro e eficiencia energética en edificios, investimentos en transporte limpo e instalacións de enerxías renovables.

A Xornada

A xornada arrincará ás 10:00h, da man de Rafael Gaos, do Departamento de Industria do I.D.A.E. (Instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía)., que falará sobre o Fondo Jessica Didae. A partir das 11:00h tratatán temas de tramitación e documentación con varios representantes bancarios, para dar paso un café-networking,

Inscricións