Novas axudas para desenvolver proxectos de eficiencia enerxética


Aqueles empresarios da zona que estean pensando en desenvolver un proxecto de aforro enerxético, teñen cita este martes 5 de maio en horario de 10 a 12 horas na sé da Cámara de Comercio da Coruña. A Camára artella unha Xornada de Traballo: Financia o teu proxecto de aforro energético e/ou enerxías renovables que ten como fin presentar ás empresas potencialmente interesadas (principalmente sectores industriais, transportes e de instalación e/ou produción de enerxías renovables) o fondo JESSICA-FIDAE que promueve o instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía.
Trátase dunha liña de financiamento cunhas condicións máis ventajosas que as de mercado e sen límite mínimo nin máximo de investimento, aínda que con todo apenas se tramitaron solicitudes na comunidade autónoma de Galicia na súa anterior convocatoria.
É unha xornada enfocada a Empresarios e persoal técnico, instaladores de enerxías renovables, consultoras, ingenierías, transportes, pymes, Interesados en xeral. E financia proxectos de aforro e eficiencia energética en edificios, investimentos en transporte limpo e instalacións de enerxías renovables.
A Xornada
A xornada arrincará ás 10:00h, da man de Rafael Gaos, do Departamento de Industria do I.D.A.E. (Instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía)., que falará sobre o Fondo Jessica Didae. A partir das 11:00h tratatán temas de tramitación e documentación con varios representantes bancarios, para dar paso un café-networking,
Inscricións
- Prégase confirmación ates do 4 de maio ás 13:00h, en 981 216 072 ou formacion@camaracoruna.com.
Novas relacionadas
- Medio millar de empresarios foron asesorados ou formados pola Oficina de Promoción Económica e Emprego de Carballo.
- O comercio bergantiñán afronta os retos de fidelización de incursión 2.0.
- As empresas bergantiñás botan un ollo ao mundo ca Cámara de Comercio.
- A Cámara axuda na adaptación dos negocios aos hábitos de consumo da poboación bergantiñá.
- O Comerciantes carballeses aprenden a fidelizar aos seus clientes.
- O comercio carballés aprende a modernizarse e a integrarse no novo urbanismo.
Fonte
- Cámara da Coruña.