O Comerciantes carballeses aprenden a fidelizar aos seus clientes


Canta falta a formación no sector servizos. E nós sempre falamos da hostalería, pero o comercio é outro dos sectores nos que a atención aco cliente é fundamental. Por Carballo, son varios os comerciantes que participan no curso de atención ao cliente e fidelización organizado pola Oficina de Promoción Económica (OPE), que xa remataron a primeira fase da acción formativa, na que estudaron técnicas de comunicación cos clientes, xestión das reclamacións e organización de campañas, entre outras.
Comezaba onte unha nota etapa de consultorías. Nesta parte personalizada, que inclúe visitas a todos os participantes ao longo deste mes, farase un diagnóstico de cada comercio e empezarán a aplicarse as ferramentas aprendidas co seguimento dos docentes.
No vindeiro mes de abril desenvolverase unha terceira fase do curso consistente na posta en común dos resultados e a elaboración dun plan de acción final no que se proporán novas accións. O curso de atención ao cliente e fidelización, dirixido a traballadores do sector do comercio, ten coo obxectivo achegar aos participantes as ferramentas e técnicas necesarias para que poidan coñecer o grao de satisfacción dos clientes e potenciar a súa fidelización.

Taller de marketing e xestión comercial Dentro da intensa programación da OPE para este mes, onte tamén abría o prazo de inscrición para un novo taller para a dinamización do comercio que leva por título “Marketing e xestión comercial”. O obradoiro celebrarase o día 25, de 21.00 a 22.30 horas, no Fórum Carballo, e contará coas intervencións de María José Agrafojo e Raquel Fondevila, que falarán sobre a importancia dunha boa xestión comercial.
Os comerciantes interesados en participar poden inscribirse a través do correo electrónico paulalema@carballo.org ou do teléfono 981 709 013.
Xornadas de dinamización
Así mesmo, segue aberto o prazo de para as dúas xornadas de dinamización do comercio que se celebrarán os días 11 e 18 no Fórum Carballo (21 a 22.30 horas). A primeira, titulada “Fai rendible o teu comercio”, centrarase nos investimentos e técnicas que poden utilizar os empresarios para mellorar a rendibilidade dos seus negocios. Na segunda, “O urbanismo no meu comercio”, tratará sobre as vantaxes e os inconvenientes das peonalizacións.
Novas relacionadas
- O comercio carballés aprende a modernizarse e a integrarse no novo urbanismo.
- Carballo abre novos proxectos de formación para 150 persoas.
- Novos cursos de formación laboral en Bergantiños.
- Os menús dos restaurantes de Carballo, un pouco máis saudables.
- A Cociña Saudable toma o edificio dos 100 actos.
- #inForum: En internet, 20 minutos é moito. 20 horas é un mundo.
- A tribu tecnolóxica galega avalou o #Fainoti con 10 historias singulares no TedxGalicia.
- Onde están os que invisten os nosos cartos ante tremendo nivelón?.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- O edificio dos 100 actos.
- 4 novos cursos de formación en cociña, restaurante, soldadura e electricidade en Carballo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).