Venres. 26.04.2024
El tiempo

Adaptando o negocios aos hábitos de consumo da poboación bergantiñá

Adaptando o negocios aos hábitos de consumo da poboación bergantiñá
Charla da Camara de Comercio en Carballo

”A promoción mediante ofertas e campañas de fidelización, a creación dunha imaxe comercial común e o desenvolvemento do comercio electrónico, catálogos online ou pago por móbil son algúns dos retos de futuro aos que se enfronta o comercio de Carballo e a súa área de influencia para adaptarse aos cambios nos hábitos de consumo que xurdiron a consecuencia da crise”.
Estas son as principais conclusións do estudo "Os hábitos de consumo en Carballo e a súa área de influencia”, realizado a través do Observatorio Económico Local de Carballo durante o 2013 e que acaba de ser presentado no Viveiro de Empresas do Polígono de Bértoa polo Presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Marcelo Castro-Rial Schuler, e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Un estudio que nace para realizar un diagnóstico sobre os hábitos de consumo no actual contexto de crise económica financeira e propoñer as medidas de acción e mellora.

I é que a Cámara entende que os consumidores acentuaron o seu caracte crítico, curmán da contención de gasto, polo que a frecuencia de compras crece, aumentando as compras de proximidade. Iso si, o prezo segue a ser a decisión principal de compra.

Así, o negocio cada vez máis local, a mellora das infraestruturas ou o uso das TIC son algunhas das propostas que lle fan aos comerciantes.

Cambios para o sector

O informe identifica os retos de futuro en canto a adaptación do sector servizos aos cambios en os hábitos de consumo en Carballo e a súa área:

  • 1. Dinamización dos negocios locais. Ponse de manifesto a necesidade de formación nos comerciantes en xestión do negocio, o fomento da substitución generacional mediante un Plan de continuidade empresarial, a promoción mediante ofertas, promociones e campañas de fidelización, a creación dunha plataforma web que integre a oferta da zona e a difusión mediante campañas de fidelización.
  • 2. Mellora das infraestructuras. Sería recomendable a habilitación de espazos de uso común (sala de lactancia, zona Wifi?), a creación dunha imaxe comercial común (bolsas, paneles urbanos?)e a posta en marcha de espazos de espazos de ?showrooming? para exposicións itinerantes dos negocios locais en lugares públicos, como o Mercado municipal, por exemplo.
  • 3. Potenciación e fomento do uso das TIC nos negocios locais, con formación específica en innovación, marketing e TIC, premiando aos negocios que desenvolvan catálogos online e comercio electrónico e mediante a implantación de medios de pago como monedero electrónico ou o pago por paypal.

130 franquicias na Costa da Morte

Tamén hoxe foi presentado outro estudo realizado polos servizos técnicos da Cámara da Coruña titulado “A franquicia como fórmula comercial en Carballo e a súa área de influencia”. Detectáronse máis de 130 negocios franquiciados nos municipios obxecto do informe, destacando en número Carballo (50), seguido de Cee (25) e Vimianzo (10). En canto aos sectores, en primeiro lugar atópase o de finanzas e seguros (33), continúa alimentación e supermercados (29), telefonía (24) e as actividades de moda e tendas especializadas (19).

O estudo considera á franquicia como unha fórmula adecuada para o desenvolvemento dunha iniciativa empresarial que permite reducir os riscos de posta en marcha e consolidación da mesma, á vez que garante determinada rentabilidad.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios