As empresas bergantiñás botan un ollo ao mundo


Xornada de internalización a que viviron a mañá do pasado mércores 15 de outubro, as empresas carballesas que acodiron ao viveiro que a Cámara da Coruña ten en Carballo. Tratábase do “II Ciclo de reunións empresariais percorrendo a xeografía galega”, promovido polo Club de Empresarios de Galicia, o IGAPE e a Cámara da Coruña, cuxo obxectivo é avanzar na difusión da cultura da internacionalización entre as pemes.

O presidente da Cámara da Coruña, Marcelo Castro-Rial Schuler, foi o encargado de abrir o foro no que tamén participaron o director xeral do IGAPE, Javier Aguilera; Mercedes Fraga, de HERFRAGA, e Alberto Rocha, do Clúster Galego Téxtil Moda. Por parte da Cámara da Coruña tamén asistiu o seu director xeral, Gonzalo Ortiz Amor. O director xeral do IGAPE expuxo a inequívoca vocación de promover a internacionalización nestes momentos e encomiou as actividades da Cámara da Coruña nesta materia. Mercedes Fraga e Alberto Rocha expuxeron as súas experiencias empresariais e nun animado coloquio cos asistentes agradeceron e resaltaron a longa traxectoria da Cámara da Coruña no ámbito da internacionalización.
Pola internalización
”Cremos que Carballo ten un gran potencial de desenvolvemento en áreas de comercio exterior. Algunhas das empresas desta zona xa participaron coa Cámara no seu Programa de Iniciación á Exportación e algunhas outras participan en accións de promoción que a Cámara organiza a mercados internacionais. Pero son moitas as actuacións que a Cámara realiza en áreas de comercio internacional. O noso amplo abanico de servizo está dirixido tanto a empresas que nunca exportaron como aquelas xa consolidadas no ámbito da internacionalización”, indicou Marcelo Castro-Rial.
A internacionalización é unha das principais liñas de traballo da Cámara da Coruña. Así, a institución realiza un gran número de actividades enfocadas a apoiar a promoción internacional das empresas, realizando estudos previos de exportación a través do Programa Xpande, financiado polo Feder; cun programa de tutoría a través do Incyde, tamén financiado con fondos Feder que revisa cal é a actuación da empresa en materia de exportación e fai propostas de mellora. Tamén conta con programas de asesoramento específico en diversas materias como transporte internacional, contratación, servizos consulares, recuperación de IVE en estranxeiro, Rexistro de Oficial de Empresas de alimentación en Estados Unidos ante a FDA, consultoría, formación, etc. E participa no Plan FOEXGA, posto en marcha en 1992, dentro do cal para o ano 2015 hai xa programadas 17 misións comerciais e 6 feiras a un total de 20 países de catro continentes. En materia de promoción a Cámara está especializada tanto na promoción no exterior que realizamos a través do Plan Foexga como na promoción inversa, traendo a Galicia a importadores estranxeiros para que compren produtos das empresas galegas. Precisamente, a semana pasada celebrouse na Coruña Exporpymes, un encontro ao que asistiron 92 importadores estranxeiros procedentes de 13 países que se reuniron con 150 empresas de alimentación, bebidas, construción, consultoría e xoiaría. En total realizáronse 1.240 contactos directos de negocio entre empresarios estranxeiros e galegos.
Novas relacionadas
Fonte
- Cámara