Novo golpe á pesca artesanal coas míseras cotas do abadexo

”As “As cotas do abadexo son un insulto” rezaba un titular de QPC en 2024.

“As cotas do abadexo son un paso máis para desguazar a pouca frota que queda de pesca artesanal” rezaba outro xa en 2022.

Parece que a cousa non mellora porque dende o sector veñen de levar as mans na cabeza ante a nova imposición de limitar a 5kg por días as capturas de abaxedo. Unha cifra que consideran un “insulto” dende o sector, tendo en conta ademais que “adabexo toda a vida houbo, e segue habendo moito”.

Patróns de embarcacións de pesca xe baixura da comarca explican que se trata dunha “pesquería estratéxica e necesaria tanto para os pincheiros como os beteiros, porque para os que andan ao aparello é fundamental, porque a merluza falla. Aos naseiros si que lles empeza o pulpo, pero para os do aparello ata que abra a centola non hai outro oficio”, sinalan.

Máis novas

RELEVO XEREACIONA