Mércores. 09.10.2024
El tiempo

“As cotas do abadexo son un paso máis para desguazar a pouca frota que queda de pesca artesanal”

  • A Confraria de Laxe xunto con tres Confrarias máis da zona presenta alegacións ao borrador da Resolución que establece disposición de ordenación de abadexo.
Porto de Malpica-Camino dos Faros
Porto de Malpica-Foto: Camiño dos Faros
“As cotas do abadexo son un paso máis para desguazar a pouca frota que queda de pesca artesanal”

Novo despropósito da Secretaría Xeral de Pesca con respecto ás cotas. Desta volta, trátase do abadexo, cuns cupos que dinamitan unha vez máis as posibilidades de que a nosa pesca artesanal subsista. Así o entende a Confraría de Malpica que denuncia que “isto é un paso máis para desguazar a pouca frota que queda para que non quede ninguén facendo imposición para a instalación da eólica mariña”.

A resolución da Secretaría propón un cupo de 10 kgs semanais para artes menores á semana durante o segundo trimestre, unha cifra absolutamente irrisoria. “A onde imos con cotas de captura de 10kg semanais para artes menores ou incluso ata 80kg. Isto é vergonzoso”, denuncian nun escrito remitido ao Ministerio.

Lembran que esta especie nunca pechou por sobrepesca en anos anteriores nin estivo restrinxida e sempre sobrou cota. “Non se entende este tixeirazo sen razón”, denuncian dende un sector que volve estar tremendamente molesto.

Casetas do peirao

Paralelamente, a Confraría de Malpica informa da convocatoria de outorgamento das casetas do peirao sur de Malpica, onde a depuradora. Poden informarse no 881880749.

Comentarios