sábado. 15.03.2025
El tiempo

Piden unha necesaria parada biolóxica do polbo

Nasa de polbo
Nasa de polbo
Piden unha necesaria parada biolóxica do polbo

Semana crucial para a pesca do polbo en Galicia. A Consellería do Mar, despois de varias reunións co sector, terá que tomar unha decisión sobre establecer unha veda ordinaria ou unha parada biolóxica na pesca do polbo. Unha pesquería que leva sufrindo anos unha seria caída, como corrobora a cativa campaña do curso pasado, que tivo unha caida de capturas do 15-17%, acentudade nesta nova temporada con outra caída do 25%.
Unha redución que se ve reflexada nunha subida de prezos.

A grave situación desta especie corroborada polos informes técnicos que alertan de é posible chegar ao colapso da especie, provocou que a Consellería teña formulado dúas propostas: unha parada biolóxica de 3 meses e medio; ou unha verda ordinaria algo máis longa do habitual, de 2 meses e medio.
A diferencia entre ambas é que nunha Parada biolóxica, os barcos non poden saír a outras artes; mentres que se hai unha veda ordinaria os naseiros poden ir a outras artes, provocando un ciclo de saturación noutras especies ou pesquerías.

Para esa parada biolóxica a Consellería propón a utilización de Fondos Europeos para axudar aos barcos en paradas biolóxicas, unhas axudas que, en todo caso, dependen de posibles sancións durante os vindeiros anos. É dicir, de recibir sancións graves, as embarcacións terían que devolver estas axudas.

Neste momento, Galicia está dividida. Despois de varias reunións co sector, Lugo e Pontevedra parecen máis declives á veda, case que recoñecendo que o sector vai seguir cometendo sancións, mentres que na Coruña se aposta por unha parada máis longa, que poida recuperar a especie.

Fontes do sector da Costa da Morte piden á Consellería responsabilidade, e apoie a recuperación máxima da especie e que non premie aos parten da base do incumprimento da normativa.

ARTIGOS SOBRE O POLBO

OUTRAS NOVAS

Comentarios