Novos inquilinos buscan fogar, con urxencia, en Salvacadelos

Chégannos a través do Facebook de Salvacadelos unhas fotos de dous cadeliños en problemas. Estes dous fermosos e pequechos cachorros están na canceira de Santa Comba e o normal é que se nun mes, ou menos, non atopan familia, terán que ser sacrificados.

Deste xeito, quen queira acoller estes pequechos, que se dea presa en contactar con Protección Civil e Santa Comba (981 881 267) porque pode que non duren moito...

Nova cadeliña

Ademais temos nova amiguiña en Salvacadelos. É unha cadeliña de raza pequena, de 1 aniño aproximadamente.

Máis información

Máis cadelos que buscan fogar

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (salvacadelos@quepasanacosta.gal).
  • Clínica Veterinaria Argos de Cee.