Novas de ida e volta en Salvacadelos

07:02 25/11/10

Un samoyedo perdido por Carballo![salvacadelos-samoyedo-nov10]()
Ata dende Carballo cheganpedindo axuda para atopar os donos feste fermoso samoyedo. É maior e ten un golpe na cadeira posiblemente tras ser atropelado. Non ten chip e por iso é complicado atopar aos seus donos.
Se saben de quen é póñanse en contacto co 669 529 606 ou coa Clínica Argos.
Unha cachorriña
A que tamén busca fogar é esta cachorriña de raza pequena que ten 2 meses.
Unha historia bonita en alemán
E tamén hoxe traemos boas novas. Apareciu o dono de Popi que se perdera hai 3 de semanas. Trátase dun alemán afincado en Fisterra. Aledáronse moito os dous de verse, como nos contan dende a Clínica ceense.
Xa no Facebook
Salvacadelos xa está funcionando polo Facebook. Todo gracias ao patrocinio da empresa afincada na Costa da Morte Prodemar - Stolt Sea Farm.Máis información
Se queren acoller a un destes fermosos animaliños, poden entrar en www.salvacadelos.com ou chamando á Clínica Veterinaria Argos de Cee no 981 745 826.Novas relacionadas
- Presentación de Salvalcadelos: Salvacadelos, unha iniciativa solidaria dende a Costa da Morte.
- QPC preséntase en sociedade e prepara o Novo QPC.
- Un caso práctico de por que é importante que os cans leven microchip.
- As mamás de Salvacadelos.
- Salvacadelos estrea novo blog e xa está no Facebook.
- Opinión: Da necesidade de indentificar aos cans con microchip .
- Editorial: É a caza verdadeiramente un deporte?
|