Martes. 10.12.2019
El tiempo

As mamás de Salvacadelos

As mamás de Salvacadelos
Son elas as verdadeiras artífices de que a iniciativa solidaria Salvacadelos sexa unha realidade. As veterinarias da Clínica Veterinaria Argos de Cee, son as que manteñen o contacto directo con todos eses animaliños que buscan familia, e se preocupan de presentarlles aos clientes os novos inquilinos. Irene e Silvia son unha parella de veterinarias moi activas. Coma se fosen "o punto e o i" percorren a Costa de arriba abaixo co botiquín na furgoneta para visitar aos centos de animais que precisan atención sanitaria. Iso si, o servizo pode ser completo e a señora Carmen ocúpase da peluquería. O equipo complétase co xefe, Pablo, unha desas persoas que con só unha mirada é capaz de manter a raia ao can máis fero. Teñen historias para dar e tomar. A de cadelos que teñen atopado pola estrada, e a de veces que se teñen namorado dun deles. Unha das que conseguí conquistar o seu corazón foi a Nana, esta gatiña que campa pola clínica coma se a súa casa fóra. I é que a súa casa é de feito. Image

Xa no FacebookImage

Salvacadelos xa está funcionando polo Facebook. Todo gracias ao patrocinio da empresa afincada na Costa da Morte Prodemar - Stolt Sea Farm.

Máis información

Se queren acoller a un destes fermosos animaliños, poden entrar en www.salvacadelos.com ou chamando á Clínica Veterinaria Argos de Cee no 981 745 826.

Novas relacionadas

Novas de Salvacadelos

Historias que animan

Máis novas

Fonte

Comentarios