Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unhas veciñas de Camariñas, as heroínas de Salvacadelos

Unhas veciñas de Camariñas, as heroínas de Salvacadelos
Esta que traemos hoxe a Salvacadelos é unha historia ben fermosa. Esta camada naceu dunha gatiña que vive na rúa en Camariñas. Entre varias veciñas danlle de comer e coidan dela, como ocorre en centos de rúas e campos da bisbarra. Tanto cariño lle colleron ás veciñas que agora, entre todas, van a pagar a operación de esterilización da gata. Non estiveron a tempo de todo, e xa tivo unha preciosa camada de gatiños lindísimos. Son ademais moi boíños, algo inusual tendo nacido na rúa. Tan bonitiños que son que as mamás da Clínica Veterinaria Argos de Cee e Salvacadelos xa lle atoparon familia a estas 3 femias e un macho.

Xa no Facebook

Salvacadelos xa está funcionando polo Facebook. Todo gracias ao patrocinio da empresa afincada na Costa da Morte Prodemar - Stolt Sea Farm.

Máis información

Se queren acoller a un destes fermosos animaliños, poden entrar en www.salvacadelos.com ou chamando á Clínica Veterinaria Argos de Cee no 981 745 826.

Comentarios