Mércores. 15.05.2024
El tiempo

O GDR abre Nova Convocatoria de Axudas Leader

O GDR abre Nova Convocatoria de Axudas Leader
Nova Convocatoria de Axudas do GDR 2014-2015 Axudas GDR

A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR – presidida por Manuel Muíño - aprobou na súa Xunta Directiva, a apertura dunha Nova Convocatoria de Axudas Programa Leader Galicia para os anos 2014 e 2015. Ábrese así un novo prazo para a presentación de solicitudes de axuda ao Programa Leader de Galicia 2007 – 2013 xestionado por esta asociación para os anos 2014 -2015.

O prazo de presentación de proxectos para ser subvencionados con cargo ao Programa Leader xestionado pola Asociación Costa da Morte - GDR iníciase o 12/03/2014 e esténdese durante todo o período ata o 30 de marzo de 2015.

3 novos proxectos aprobados

Ademais, durante a Xunta Directiva aprobáronse 3 novos proxectos:

  • 1.- Ampliación Laboratorio de Análises (Zas). O orzamento aceptado ascende a 42.539,50€, e o importe da axuda sitúase nos 16.718,02€, o que supón un 39,3% sobre o total.
  • 2.- Modernización dunha Empresa de Servicios (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 42.561,99€, e o importe da axuda sitúase nos 15.066,94€, o que supón un 35,4% sobre o total.
  • 3.- Creación dun Centro de Formación (Cee). O orzamento aceptado ascende a 39.426,13€, e o importe da axuda sitúase nos 14.725,70€, o que supón un 37,35% sobre o total.

Tódolos proxectos contan coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e foron aprobados en firme pola Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR e agora remítenselle estas aprobacións a AGADER para que emita as resolucións e lle las envíe directamente aos promotores.

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa do GDR Costa da Morte.

Comentarios