O GDR abre Nova Convocatoria de Axudas Leader
A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR – presidida por Manuel Muíño - aprobou na súa Xunta Directiva, a apertura dunha Nova Convocatoria de Axudas Programa Leader Galicia para os anos 2014 e 2015. Ábrese así un novo prazo para a presentación de solicitudes de axuda ao Programa Leader de Galicia 2007 – 2013 xestionado por esta asociación para os anos 2014 -2015.
O prazo de presentación de proxectos para ser subvencionados con cargo ao Programa Leader xestionado pola Asociación Costa da Morte - GDR iníciase o 12/03/2014 e esténdese durante todo o período ata o 30 de marzo de 2015.
3 novos proxectos aprobados
Ademais, durante a Xunta Directiva aprobáronse 3 novos proxectos:
- 1.- Ampliación Laboratorio de Análises (Zas). O orzamento aceptado ascende a 42.539,50€, e o importe da axuda sitúase nos 16.718,02€, o que supón un 39,3% sobre o total.
- 2.- Modernización dunha Empresa de Servicios (Vimianzo). O orzamento aceptado ascende a 42.561,99€, e o importe da axuda sitúase nos 15.066,94€, o que supón un 35,4% sobre o total.
- 3.- Creación dun Centro de Formación (Cee). O orzamento aceptado ascende a 39.426,13€, e o importe da axuda sitúase nos 14.725,70€, o que supón un 37,35% sobre o total.
Tódolos proxectos contan coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e foron aprobados en firme pola Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR e agora remítenselle estas aprobacións a AGADER para que emita as resolucións e lle las envíe directamente aos promotores.
Máis información
- 981 71 73 58 (Centraliña).
- www.gdrcostadamorte.com.
- Twitter: @GDRCostadamorte.
- Facebook GDR Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa do GDR Costa da Morte.