Venres. 17.05.2024
El tiempo

O necesario control

O necesario control

Transcorridos os cen primeiros días de mandato, non hai escusa para que a oposición política dos nosos concellos exerza, con tenacidade, a súa función de control. Porque se trata dunha atribución fundamental que garante o equilibrio de poderes e harmoniza o correcto funcionamento democrático.

Sen embargo, como sabemos, a transparencia e rendición de contas non son virtudes que caractericen, precisamente, o proceder dos dirixentes municipais. De feito, en materia económica utilizan a estratexia de negar documentación contable argumentando que non se dispón de datos. Pero, agora que estamos en outubro, mes no que os alcaldes están obrigados a render contas, ese tipo de desculpas carece de sentido.

Unha vez obtida a información que contén a conta xeral, si tivéramos que elixir algunha magnitude para a análise, destacaría as tres seguintes:

  • a) resultado orzamentario axustado, que indica si o presuposto se pechou con déficit ou superávit;
  • b) remanente de tesourería, expresión da solvencia financeira municipal no curto prazo; e
  • c) o volume da débeda viva e os custos que xenera.

Ademais, sería interesante obter os informes trimestrais de pago a provedores, para determinar si se está pagando dentro do prazo máximo previsto na lei; e, por último, conviña coñecer si existen recoñecementos extraxudiciais de crédito, porque se trata de expedientes que agochan facturas ilegais.

Dispoñer desta información permite ao cidadán verificar cuestións esenciais da xestión pública que, lamentablemente, aínda son descoñecidas en exceso. Así mesmo, posibilita que a oposición poida exercer a súa función de crítica con coñecemento e responsabilidade, sen prexuízo de os órganos de control externo efectúen a súa labor fiscalizadora da xestión económico-financeira e orzamentaria municipal. Todo, para evitar a tiranía de gobernos sen control.

  • Domingo Guerra ([email protected]). Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.

Novas relacionadas

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Fonte

Comentarios