Sábado. 19.09.2020
El tiempo

O Tribunal Supremo condea a dous anos de prisión ao capitán do Prestige por dano ambiental

O Tribunal Supremo condea a dous anos de prisión ao capitán do Prestige por dano ambiental
A sentenza do Tribunal Supremo abre a porta a novas indemnizacións. Imaxe: Felipe Garcia A sentenza do Tribunal Supremo abre a porta a novas indemnizacións. Imaxe: Felipe Garcia O Tribunal Supremo revoga a sentenza do Prestige dictada en novembro do 2013 pola Audiencia Provincial da Coruña sobre a catástrofe do Prestige e condea ao captitán do buque, Apostolos Mangouras, a dous anos de prisión polo dano ambiental que causou o vertido de máis de 63.000 toneladas de fuel polas costas galegas. Foran varias a organizacións que pediron a revisión da sentenza da Audiencia Provincial Coruñesa na que Mangouras unicamente era condeado por desobediencia grave ao tardar tres horas en aceptar o remolcado do barco. Nembargantes, Ana Ferrer, maxistrada da Sala Segunda do Tribunal Supremo, califica a decisión do capitán do buque como un "delito de imprudencia" contra o medio agravado con deterioro catastrófico e que, polo tanto, hai que penar con cárcere. Con todo, o máis probable é que Mangouras non entre en prisión pola súa avanzada idade, entre outros motivos. Ademais, a sentenza do Tribunal Supremo abre a porta a novas indemnizacións por resposabilidade civil xa que os maxistrados establecen que a aseguradora - The London P&I Club - e o propietario do barco - Mare Shipping Inc - tamén son responsables do acontecido. O fallo tamén declara a responsabilidade civil do Fondo Internacional para a Indemnización de Danos causados por Hidrocarburos - Fidac -. Os dous mariñeiros que acompañaban a Apostolos Mangouras no momento do accidente seguen absoltos, tal e como o dictara a Audiencia Provincial.  

Novas relacionadas

Seguemento especial do Xuízo do Prestige

Artigos relacionados co Prestige

Fonte

comentarios