3ª FUTGAL: O Zas recibiu o título de campión e o Volantes volve competir

Pouco en xogo na derradeira xornada de liga da 3ª FUTGAL. Non podía fallar o Zas para alzarse co título de campión da liga, unha vez que o Sofán B, que tamén tiña asegurado o ascenso directo, non ía fallar ante o Baíñas. Os de Rubén Forján e Pereiro non fallaron ante o Inter de Brens, e a goleada permitiulles ser campións polo golaveraxe individual ante o cadro de Barca e Viaño.

No resto dos partidos non había nada en xogo, máis que saber que pasaba co Volantes. O equipo muradán, en plena revolución, levaba dous partidos (un de copa e un de liga) sen poder competir por falta de xogadores, provocando a saída dos dous adestradores (primeiro Gus e dúas semanas despois Sil), e a toma do timón por parte do delegado, Manuel Priegue, baixo o mando e orde dos capitáns do equipo. Agora, coa axuda de moitos xuvenís, o equipo que preside Alberto Pérez intentará salvar a situación porque esta semana o cadro laranxa debe comezar a participación na Promoción de ascenso á Liga da Costa.
Os últimos resultados dos laranxas (caeron onte ante o Seaia por 2-3, só con 13 xogadores e sen porteiros) fixeron que o equipo caese á 6ª praza, por detrás do Oza, polo que terán que enfrontarse ao Malpica na promoción, coa ida en Muros.
A outra eliminatoria será Oza-Cerqueda (a ida en Carballo, aínda por perfilar se no Carral ou nas Eiroas). En caso de empate ao final dos 90 minutos da volta, penaltis sen prórroga. Só hai 1 as ascenso, polo que ascenderá o gañador das dúas eliminatorias.
Recolleremos os resultados en www.copadacosta.com onde xa tendes os enfrontamentos.
Para o resto, peche de campaña pois non hai nin un só equipo da 3ª que quede vivo na Copa da Costa.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.29: O Sofán B ratifica o ascenso directo á Liga da Costa.
- X.28: O Zas retorna á Liga da Costa.
- X.27: O Sofán B alonxa ao Malpica da loita polo ascenso directo e por un título que acariña o Zas.
- X.25: O Oza pesca promoción nunha xornada de goleadas.
- X.24: O título e o ascenso directo parece ser cousa de tres.
- X.23: O Malpica alonxa ao Volantes da loita polo ascenso directo.
- X.22: O Oza abre fenda na loita pola 6ª praza.
- X.17: O Zas supera ao Sofán B e escapa.
- X.21: O Cerqueda non cedeu ao asalto do Oza.
- X.20: O Oza tamén frea ao Sofán B e Zas e Volantes colócanse colíderes.
- X.19: O Malpica, único dos 4 de cabeza que tropeza.
- X.18: O Zas alonxa ao Cerqueda.
- X.16: O Sofán B ponse de líder ante a vitoria do Zas ao Malpica.
- X.15: O Malpica lidera un grupo de 5 equipos con opcións a todo.
- X.14: 5 equipos están en apenas 7 puntos de diferencia.
- X.13: O Zas golea ao Volantes e o Malpica bate co Cerqueda.
- X.12 : Zas e Volantes apretan a parte alta.
- X.11: Malpica e Sofán B selan as paces.
- X.10: Quedan 5.
- X.9: O Sofán B peta na mesa
- X.8: O Volantes supera a un gran Malpica e o Sofán B aproveita e ponse de líder.
- X.7: 4 equipos destacados.
- X.6: O Malpica tamén gaña o derbi ante o Buño e se mantén arriba de todo.
- X.5: Tres equipos invictos.
- X.4: Volantes e Malpica póñense por diante.
- X.3: Só tres equipos permanecen invictos trala terceira xornada.
- X.2: A Festa do gol.
- X.1: Ningún empate na xornada da histórica estrea do Inter de Brens.