O Tribunal Supremo condea a dous anos de prisión ao capitán do Prestige por dano ambiental
07:11 27/01/16
A sentenza do Tribunal Supremo abre a porta a novas indemnizacións. Imaxe: Felipe Garcia
O Tribunal Supremo revoga a sentenza do Prestige dictada en novembro do 2013 pola Audiencia Provincial da Coruña sobre a catástrofe do Prestige e condea ao captitán do buque, Apostolos Mangouras, a dous anos de prisión polo dano ambiental que causou o vertido de máis de 63.000 toneladas de fuel polas costas galegas.
Foran varias a organizacións que pediron a revisión da sentenza da Audiencia Provincial Coruñesa na que Mangouras unicamente era condeado por desobediencia grave ao tardar tres horas en aceptar o remolcado do barco. Nembargantes, Ana Ferrer, maxistrada da Sala Segunda do Tribunal Supremo, califica a decisión do capitán do buque como un "delito de imprudencia" contra o medio agravado con deterioro catastrófico e que, polo tanto, hai que penar con cárcere. Con todo, o máis probable é que Mangouras non entre en prisión pola súa avanzada idade, entre outros motivos.
Ademais, a sentenza do Tribunal Supremo abre a porta a novas indemnizacións por resposabilidade civil xa que os maxistrados establecen que a aseguradora - The London P&I Club - e o propietario do barco - Mare Shipping Inc - tamén son responsables do acontecido. O fallo tamén declara a responsabilidade civil do Fondo Internacional para a Indemnización de Danos causados por Hidrocarburos - Fidac -.
Os dous mariñeiros que acompañaban a Apostolos Mangouras no momento do accidente seguen absoltos, tal e como o dictara a Audiencia Provincial.
Novas relacionadas
- 13-11-15: #13anosdoPrestige…
- 30-09-15: Piden a revisión da sentenza do Prestige.
- 18-11-14: #12anosdoPrestige.
- 40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra.
- A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte.
- Por unha base loxística de Salvamento propia no porto refuxio de Brens.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro.
- Casón: 25 anos de histeria colectiva.
Seguemento especial do Xuízo do Prestige
- 21-11-13: Nunca Máis, e a Xunta, recurrirán a sentenza do Prestige.
- 18-11-13: A Costa da Morte tamén á rúa e berra Nunca Máis.
- 14-11-13: Primeiras reaccións indignadas e resignadas sobre a sentenza do Prestige.
- 13-11-13: Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige.
- 27-03-13: O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense.
- 11-01-13: A rescatadora do Prestige culpa a Fernández de Mesa de alonxar o barco.
- 28-11-12: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- 27-11-12: Xuízo Prestige: López-Sors culpa a empresa de rescate do destino final do “Prestige”.
- 23-11-12: López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”.
- 21-11-12O xefe de máquinas do Prestige coincide na teoría da “onda xigante” ante as protestas de Nunca Máis.
- 20-11-12: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”.
- 20-11-12: Mangouras no Xuízo Prestige: “O rumbo que nos deron era erróneo”.
- 15-11-12: Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga.
- 15-11-12: O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco.
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.
Artigos relacionados co Prestige
- Pablo Varela: Once anos e un día máis tarde.
- Lorena en Verde: As cifras do Prestige.
- Verdades de Louzán: Cheiro a fuel.
- Alberto Pose: Mangouras, cabeza de turco.
- Un libro sobre o cambio social de Galicia que supuxo a marea negra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])