Onte comezaron as obras da Autovía
09:30 02/08/11
O pasado venres 22 de xullo, o conselleiro de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciaba en Cee que as obras da Autovía da Costa da Morte comezarían o primeiro día de agosto. E así foi. As obras deron comezo na xornada de onte luns.
Onte iniciáronse as obras de movemento de terras no enlace de Baio e no de Coristanco. Estes traballos comezaron logo de que a pasada semana se desenvolveran as tarefas preparativas de maquinaria e prospección arqueolóxica.
A Vía de Alta Capacidade entre Carballo e Berdoias terá unha lonxitude de 42 quilómetros. Estará rematada no verán de 2013 e proporcionará aos usuarios un aforro de 17 minutos en cada traxecto, ademáis dun incremento do grao de seguridade.
Novas relacionadas
- As obras da Autovía comezarán o día 1 de agosto.
- Uns 40km das obras da AC-552 estarán listos ao final do verán.
- Asinado o contrato da VAC: As obras comezarán en agosto e estará lista no verán do 2013.
- Adxudicación polémica da VAC e asfaltado de varias estradas de Vimianzo e Ponteceso.
- Que che parece o parcheado da AC-552?
Fonte
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.