luns. 11.11.2024
El tiempo

Onte comezaron as obras da Autovía

Onte comezaron as obras da Autovía
O pasado venres 22 de xullo, o conselleiro de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciaba en Cee que as obras da Autovía da Costa da Morte comezarían o primeiro día de agosto. E así foi. As obras deron comezo na xornada de onte luns. Onte iniciáronse as obras de movemento de terras no enlace de Baio e no de Coristanco. Estes traballos comezaron logo de que a pasada semana se desenvolveran as tarefas preparativas de maquinaria e prospección arqueolóxica. A Vía de Alta Capacidade entre Carballo e Berdoias terá unha lonxitude de 42 quilómetros. Estará rematada no verán de 2013 e proporcionará aos usuarios un aforro de 17 minutos en cada traxecto, ademáis dun incremento do grao de seguridade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios