![folga estudantes lomce decreto 3+2 abril 2016]()
A
confederación de Anpas Galegas acaba de facer público o seu apoio á folga de estudiantes que terá lugar mañá e o venres (13 e 14 de abril) para rexeitar a LOMCE, o Decreto 3+2 e a política de recortes dos gobernos galego e español en todos os niveis do ensino público.
Dita confederación de Anpas asegura que "traballa sistematicamente na defensa dun modelo de ensino no que toda a xuventude teña acceso completo e gratuito".
A protesta - convocada polo Sindicato de Estudiantes - afecta aos
alumnos de secundaria, bacharelato, Formación Profesional e Univesidades pero non aos mestres.
Novas relacionadas:
Fonte:
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Confederación de Anpas Galegas