![señal-trafico]()
¡Ollo! Ao longo deste trimestre do ano prevese que entre en vigor a reforma do
Regulamento Xeral de Circulación que está a preparar a
Dirección Xeral de Tráfico. O principal obxectivo que persegue é garantir a seguridade dos peóns.
Ésta é unha medida que nos afectará a todos os conductores, xa que se modificarán os límetes de velocidade na maioría das estradas de todo o Estado, e por conseguinte, tamén da Costa da Morte.
Casco urbano
Nos cascos urbanos, como o de
Carballo ou
Cee, a velocidade máxima será de
30 km/hora e as máis transitadas quedarán reducidas a
20 km por hora.
Segundo os datos do primeiro borraror da medida, o límite nas carreteras convencionais baixará
de 100 a 90 km/h cando a vía teña unha anchura de 6,5 metros. En caso de que a estrada sexa de menos de 6,5 metros de ancho e que teña marcas de separación ente ambos sentidos, a velocidade suponse que se reducirá
de 90 a 70 km/h. No caso das estradas con menos de 6,5 metros de ancho e nas que non haxa líneas discontinuas entre os carriles a velocidade baixará
de 90 a 50 km/h.
Autovías
No caso das autovías, tales como a
AG-55, a intención de Tráfico é manter o límite dos 120 km/hora e ampliarase a 130 km/h cando o indiquen os paneis de mensaxe variables e sempre e cando, sexan tramos nos que existan "índices contrastados de seguridade, boas condicións do trazado e con óptimas condición meteorolóxicas e ambientais".
Esta medida faise co fin de reducir os datos de siniestralidade vial que, segundo recollen fontes de Tráfico, a maior cifra de
accidentes e de víctimas teñen lugar nas e
stradas convencioniais.