![Os participantes deberan facer un "selfie" co último raio de sol no banco do cabo Touriñán]()
Os participantes deberan facer un "selfie" co último raio de sol no banco do cabo Touriñán
A
asociación "Muxía Turismo Rural" acaba de poñer en marcha un concurso de selfies baixo o lema #MiSelfieenelMejorBancodelMundodeTouriñan.
Este concurso nace para poñer en valor
un fenómeno natural que se produce en Touriñan durante o solsticio de primavera, que transcorre entre o 20 de marzo e o 25 de abril. Aquí, segundo indica
o baiés Jorge Mira nun dos seus estudos, rexístrase o último raio de sol de Europa. Así que o premio será para a mellor foto de estilo "selfie" sacada dende o banco do Cabo Touriñán. Os participantes deben publicar a
imaxe na páxina de Facebook de Muxía Turismo Rural ademais de enviala ao enderezo electrónico muxiaturismorural2015@gmail.com indicando o nome do participante, teléfono móvil e cubrindo o formulario.
O concurso comeza o vindeiro
20 de marzo e remata o 25 de abril. Un xurado formado por fotógrafos profesionais da Costa da Morte (
Marcos Rodríguez, Xesús Búa e Cristrian Trillo) elixirán as mellores imaxes segundo o seu criterio. Premiarán as catro mellores fotos cunha fin de semana en cada un dos establecementos asociados a Muxía Turismo Rural, todos certificados coa Q de Calidade.
Máis información en
www.muxiaturismorural.com
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación Muxía Turismo Rural