Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Os Sons da Costa

Os Sons da Costa
escoitar org-fisterra

Aló ía, a pé polo mundo adiante cunha gravadora. Alan Lomax tiña 37 anos cando nos anos 50 percorreu o mundo recollendo a historia a base de sons. Corría o ano 52 cando chegou ao fin da terra. A Costa da Morte acolleuno cos brazos abertos, e brindoulle os seus mellores sons para a súa colleita.

Unha colleita que, a día de hoxe, é un auténtico tesouro. Coplas, xotas, sons ambientais, falas, muiñeiras, regueifas... todo cabía na súa gravadora. Todo agora se recolle na web culturalequity.org.

Uns dos arquivos accesibles son unhas fermosas grabacións feitas na bisbarra: unha Xota gravada en Fisterra, e unha serie de Coplas de Corcubión. Cómpre para a escoitalas unha por unha como unhas as parrandas de San Pedro que non teñen perda!

Patrimonio

Este arquivo non pasa desapercibido para os entes culturais do país. Desde hai uns anos, dende o Museo do Pobo Galego, andan coa idea de crear un Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Un proxecto que aínda non se puido materializar por falta de fondos, para variar...

Pero esa necesidade de recoller "música do pobo" é cultura, é progreso, é unha necesidade.

Escoitar

Un proxecto que nos lembra ao de escoitar.org, que está a facer un mapa sonoro completísimo do país.

Máis información

Fonte

Comentarios