Luns. 09.09.2024
El tiempo

Outono en marcha tingue de sangue nova os vellos camiños bergantiñáns

Outono en marcha tingue de sangue nova os vellos camiños bergantiñáns
os-cativos-canteira-de-senda-nova

Case 300 persoas participaron nas naturais rutas que artellou a entidade Senda Nova durante este mes de novembro no programa Outono en Marcha. A férveda de San Paio de Entrecruces despediu esta aposta polo sendeirismo e a natureza, que ten nos cativos o maior orgullo, xa que desas 300 persoas, os cativos son os grandes protagonistas. De feito, na andaina do pasado domingo, viuse moi representada a Escola Ambiental, esa demostración da canteira natural que está crenado esta activa entidade.

andaina-do-outono-en-marcha-con-senda-nova

Foron 6 saídas para contribuir a que non quede enterrado no esquecemento, máis de medio cento de puntos nos que a interpretación segue a ser básica para mudalos á vida, para convertelos nuns tesouros aos que o tempo, os toxos, a climatoloxía, e unha sociedade perdida na indiferencia, quixo apagar para sempre.

”Cada unha das andainas foi un aporte de coñecemento, de forza e de amor polo entorno”, entende a dirección da entidade. ”Coidamos que cada aportación imprevista polo entorno natural é unha forma directa ao seu achegamento e coincidimos en que non hai mellor forma de darlle vida a unha ruta e ao patrimonio que une, que camiñala sacandolle o máximo partido posible”.

Agradecen a colaboración dos Concello da Laracha e o Concello de Carballo así como da Federación de Anpas da Costa da Morte e cada un dos persoeiros que segue a descifrar os códigos do noso entorno rural.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios