Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Outra fermosa historia de Salvacadelos: Lanza, a cadela bombeira

Outra fermosa historia de Salvacadelos: Lanza, a cadela bombeira
Abandonada xa a mediana idade. Media cega e case xorda. De seguro que a pobriña nunca faría iso co seu dono. Así atoparon a Lanza o equipo de bombeiros de Cee. Perdidiña pola estrada, arredor da estación, pedindo cariño. Como non podía ser doutro xeito, os bombeiros, facendo gala da súa valentía, rescatárona e coidaron dela mentres a Clínica Veterinaria Argos de Cee e Salvacadelos intentaban atopar aos antigos donos. Non apareceron. Pero aló estaban eles, eses bravos bombeiros ceenses, que pasaron da acollida á adopción. Agora, Lanza xa é un Quen está encantado é Roi, o cadelo de Arturo Pasantes, que dende hai uns meses non se separa da súa nova amiga.

Xa no Facebook

Salvacadelos xa está funcionando polo Facebook. Todo gracias ao patrocinio da empresa afincada na Costa da Morte Prodemar - Stolt Sea Farm.

Máis información

Se queren acoller a un destes fermosos animaliños, poden entrar en www.salvacadelos.com ou chamando á Clínica Veterinaria Argos de Cee no 981 745 826.

Novas relacionadas

Novas de Salvacadelos

Historias que animan

Máis novas

Fonte

Comentarios