Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Piden a revisión da sentenza do Prestige

Piden a revisión da sentenza do Prestige
A áceda visión da sentenza do Prestige de Hermanager Humor A áceda visión da sentenza do Prestige de Hermanager Humor Case 13 anos e o Presige segue na xustiza. O Tribunal Supremo comezar este martes a vista do dezasete recursos presentados no caso do Prestige. Entre os que presentaron o seu recurso están o Ministerio Fiscal, o avogado do Estado e a Xunta de Galicia; e, desde Francia, o propio Estado francés, o Consello Xeral de Bretaña, a comuna francesa de Capbreton e o Consello Xeral da Vendée. As asociacións Arco Iris e Nunca Máis tampouco están de acordo coa sentenza do mesmo xeito que representantes de traballadores do mar e empresas como Frigoríficos Ribadeo, Isidro do Cal, Amegrove e Proinsa. O capitán do buque, Apostolos Mangouras, e o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulo tamén recorreron ante o tribunal. O fallo da Audiencia absolveu ao capitán do petroleiro, o grego Apostolos Mangouras, dos delitos contra o medio ambiente e unicamente considerouno autor criminalmente responsable dun delito de desobediencia grave á autoridade, penado con nove meses de prisión. Se o Supremo acordase unha condena para o capitán do buque, iso podería determinar que a operadora do barco e a aseguradora do Prestige, Universe Maritime e London P&I Club, respectivamente, afrontasen a póliza de 1.000 millóns de dólares que tiñan subscrita. A Fiscalía reclamaba en concepto de responsabilidade civil 4.328 millóns de euros de indemnizacións polos danos derivados da marea negra que produciu o afundimento en novembro de 2002 do buque fronte ás costas galegas e que chegou a Francia.

Novas relacionadas

Seguemento especial do Xuízo do Prestige

Artigos relacionados co Prestige

Fonte

Comentarios