Piden melloras nas paradas de bus para mellorar a mobilidade da Vía Céltica
A Asociación Costavales vén de facer un estudio das liñas de autobús do Transporte Público de Galicia das áreas de Bergantiños e a Costa da Morte co gallo de verificar a existencia de paradas de bus con disponibilidade e horarios que coincidisen cos finais das distintas etapas da Vía Céltica e permitise levar os peregrinos ao seguinte punto de inicio. "Comprobamos que efectivamente temos paradas e horarios que coinciden cos finais de etapa e de este xeito os peregrinos poden facer a totalidade do itinerario da Vía Céltica ou facer as etapas que mais lle interesen facendo uso do Transporte Público".
Para localizar estas paradas sinalárona en google maps como Bus Vía Céltica, e clicando nelas o usuario ten información sobre horarios, rutas, itinerario, conta atras chegada do bus, etc.
Temos
Para mellorar o servizo, a entidade ten solicitado en Mobilidade da Xunta de Galicia unha parada a demanda en Castrobó mediante unha pequena variación da ruta que une Carballo con Corme Porto, e tamén ampliar baixo demanda ata Camariñas a ruta de Santiago a Vimianzo por Paramos.
Este é xeito mais sostibel, económico e ecológico de facer a Vía Céltica.