Piden unha auditoría das contas da Neria

Sería tremendamente interesante saber cantos millóns de euros de fondos europeos xestionou a Asociación Neria dende os anos 90. Sería tamén tremendamente interesante facer unha avaliación do impacto deses investimentos no desenvolvemento económico da comarca. Pode que levemos as mans á cabeza pero cómpre coñecer.

A semana pasada era a Deputación a que denunciaba as numerosas débedas da entidade supramunicipal. Hoxe é o BNG comarcal o que pide ao Consello de Contas que emita un informa sobre a actividade e uso dos fondos públicos que recibiu a Asociación Neria. Piden un “informe de fiscalización sobre o inxente volume de fondos públicos administrados e xestionados por esta asociación”.

O BNG valora que “as Administracións públicas, principalmente Xunta de Galiza e a administración estatal, pero tamén as entidades locais, teñen tamén unha responsabilidade sobre os fondos manexados por Neria”. Por iso “o Consello de Contas é o ámbito propicio para determinar como se executou a comprobación da contabilidade e fiscalización da asociación”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG comarcal.