Luns. 15.08.2022
El tiempo

Poucas luces apagadas na Costa da Morte durante a "Hora do Planeta"

Poucas luces apagadas na Costa da Morte durante a "Hora do Planeta"
O Concello de Carballo apagou as luces pola Hora do Planeta O Concello de Carballo apagou as luces pola Hora do Planeta Entre as 20:30 e as 21:30 horas do pasado sábado tivo lugar a nova edición da "Hora do Planeta"; unha campaña da ONG ambientalista WWF que comezou no ano 2007 como un xesto simbólico contra o cambio climático. Unha gran cantidade de administracións públicas de todo o mundo súmanse a esta iniciativa apagando as luminarias dos edificios máis emblemáticos da cidade. O sábado a "Hora do Planeta" pasou practicamente desapercibida en boa parte da Costa da Morte. Un dos poucos concellos que apoiou a inciativa de WWF foi o de Carballo que durante unha hora apagou as luces da praza municipal. Día da Árbore Ésta non foi a única acción que realizou esta fin de semana o goberno municipal de Carballo en materia ambiental; xa que se anticipou ao día da árbore - que se celebra hoxe -  coa prantación de 15 carballos na parroquia de Artes. Evencio Ferrero e Luis Lamas participaron na celebracion do dia da arbore en Artes-Carballo Evencio Ferrero e Luis Lamas participaron na celebracion do dia da arbore en Artes-Carballo A plantación levouse a cabo na finca adquirida a medias entre a veciñanza da parroquia e o concello xunto á igrexa de San Xurxo. Este novo exemplo de participación social e de colaboración entre a cidadanía e a administración local, que se suma aos desenvolvidos tamén en Sofán, Berdillo, Ardaña e Oza, permite que os veciños e as veciñas de Artes dispoñan xa dun amplo espazo público de máis de 5.000 metros cadrados cunha situación privilexiada. Unha parte da parcela está acondicionada e pavimentada para poder ser utilizada como aparcamento ou como campo da festa, e na outra, que se mantén como zona verde, foi onde se realizou a plantación de 15 carballos, que xa teñen cinco ou seis anos e que contribuirán a crear unha área de sombra para o desfrute da poboación e que, en caso de necesidade, tamén poderá ser usada con outros fins, segundo explicaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, durante a visita que realizaron onte á plantación. O goberno municipal tamén expresou o seu apoio á celebración do Día da Árbore organizada pola Asociación Ambiental Senda Nova nas beiras do Rego da Balsa e que tivo lugar onte. Novas relacionadas Fonte

comentarios