QPC exporta 13 anos de experiencia emprendedora na rede á Ferrolterra
27 de novembro de 2020 (12:26 h.)
Este pasado xoves, a Asociación de Empresarios de Ferrolterra artellaba unhas xornadas de Emprendemento sobre a aplicación de novas tecnoloxías con claro acento costeiro. As xornadas foron presentadas por Dani Cerqueiro, fundador da empresa Galinus e do diario quepasanacosta, que realizou unha ponencia sobre como debe ser un departamento de ventas dunha empresa como Docuten.
Ubaldo Cerqueiro, director de QPC, levou a experiencia emprendedora de QPC á comarca ferrolá, incidindo na capacidade de monetizar a creación de contidos dixitais.
Un papel que saben moi ben dende a axencia costeira Arela Comunicación Sostible. Ana Díaz e David Lourido analizaron 10 boas prácticas para desenvolver na rede por un departamento de comunicación.