Sábado. 24.08.2019
El tiempo

#QPC: 12 anos vertebrando a Costa da Morte

#QPC: 12 anos vertebrando a Costa da Morte

Un 27 de xullo de 2007 saltaba a rede un pequeno proxecto informativo dende Corcubión para toda a Costa da Morte. Nacía Quepasanacosta dende o seo dunha pequena empresa de comunicación corcubionesa. Nacía con vocación de servizo público, coa firme intención de vertebrar a Costa da Morte a través da rede.

12 anos despois cremos firmemente que temos aportado o noso grao de area para que as xentes de Camariñas saiban mellor como son e que acontece na comarca de Bergantiños; para a redución da fenda dixital aportando contidos na rede e, ademais, en galego, ennobrecendo e convertindo a nosa lingua nun vehículo de comunicación tremendamente valioso.

Témolo feito a través do deporte, do noso seguemento integral do Fútbol da Costa, como tamén do piragüismo, do volei, do FSF, do baloncesto, do tenis de mesa, dos deportes de contacto, do baile… Témolo feito a través da cultura, da #AxendaCostadaMorte, da posta en valor do noso patrimonio… Témolo feito a través da nosa defensa do medio natural que nos rodea. Témolo feito a través de verdadeiros esforzos informativos como o seguemento dos lumes ou das propias Eleccións.

QPC-Xornalismo cidadan-Hiperlocal-Vertebracion comarcal

Pero o máis importante: témolo feito gracias a vós, todos os que formades parte da comunidade QPC, todos os informadores anónimos (e con nome e apelidos) que nos contades o que pasa ao voso arredor e facedes que na Costa da Morte fagamos un exercicio real de Xornalismo Cidadán.

Precisamente ese Xornalismo Cidadán é un dos tres vértices que pecha o triángulo no que radica a esencia de QPC, permitíndonos ofrecer esa necesaria Información Hiperlocal, sempre cunha Ollada Comarcal, que nos axude a seguir xerando un sentimento de comunidade, de Costa da Morte.

Esperamos poder seguir facéndolo alomenos outros 12 anos, sempre coa vosa axuda.

Novas corporativas

Comentarios