QPC exporta 13 anos de experiencia emprendedora na rede á Ferrolterra

Este pasado xoves, a Asociación de Empresarios de Ferrolterra artellaba unhas xornadas de Emprendemento sobre a aplicación de novas tecnoloxías con claro acento costeiro. As xornadas foron presentadas por Dani Cerqueiro, fundador da empresa Galinus e do diario quepasanacosta, que realizou unha ponencia sobre como debe ser un departamento de ventas dunha empresa como Docuten.
Ubaldo Cerqueiro, director de QPC, levou a experiencia emprendedora de QPC á comarca ferrolá, incidindo na capacidade de monetizar a creación de contidos dixitais.
Un papel que saben moi ben dende a axencia costeira Arela Comunicación Sostible. Ana Díaz e David Lourido analizaron 10 boas prácticas para desenvolver na rede por un departamento de comunicación.
Onte tivo lugar a Xornada de fomento do emprendemento “Aplicación de novas tecnoloxías” que realizamos en colaboración có Concello de Ferrol.@docuten @quepasanacosta @arela_gal
— Asociación de Empresarios Ferrolterra (@AFerrolterra) November 27, 2020
Gracias a todos pola vosa aportación. pic.twitter.com/YKxbSJgu1z