Xoves. 28.03.2024
El tiempo

#DirectosQPC: Xa o facía María Amelia

Maria Amelia
Imaxes da avoa blogueira Maria Amelia nas súas intervencións por skype e youtube nos anos 2007-2008
#DirectosQPC: Xa o facía María Amelia

Este pasado venres pechamos unha temporada especial para o equipo de QPC. Dende o pasado 7 de marzo que comezamos os #DirectosQPC, levamos case 4 meses de programación continua con contidos en directo para seguir achegando contidos de interese ás vosas casas.

Comezabamos esa adaptación á nova realidade, e aproveitando as novas tecnoloxías, mantendo o pulso do Fútbol da Costa, gracias á colaboración dos Alberto Pose e Óscar Leis que sempre nos impulsan a mellorar. Fixemos unha excelente cobertura do momento de incerteza que se viviu arredor das resolucións sobre as competicións, e fixemos unha serie de completas entrevistas por aqueles que non saen na prensa pero están sempre na parte de atrás dos campos axudando a que todo saia ben.

Pasamos pronto a actualidade, para encher de contidos de interese á corentena, con entrevistas e faladoiros, falando de sanidade, de xornalismo, de ensino coa comunidade baiesa, de crise económica, de feminismo… E completamos cunha rolda de alcaldes e alcaldesas que nos levou por 14 concellos da comarca.

Témonos metido e máis de medio centenar de casas, temos visto os seus mobles, comprobado a súa conexión… E a resposta non puido ser mellor. A nosa páxina de Facebook tivo un alcance 150.000 persoas ao mes, con máis de 168.000 minutos consumidos dos nosos #DirectosQPC. No diario tivemos unha media de 10.000 visitantes únicos diario, chegando a días de 30.000.

Toda esta experiencia (o formato non se perderá co covid, senón que volverá en setembro), lembrounos a nosa primeira, e aínda máis especial, entrevista, a que fixeramos en 2007 a Maria Amelia. A avoa blogueira, que gañou innumerables premios polo seu blog amis95.blosgpot.com, xa era youtuber antes de que existira o concepto, e nós puidemos disfrutar dunha videoentrevista con ela xa naqueles tempos. Unha lembranza que nos axuda a facer o percorrido de case 13 anos deste diario ofrecendo contidos, en galego, na rede, para toda a Costa da Morte.

Novas de María Amelia

 

Todos os #DirectosQPC

Faladoiros feministas

Outros Directos

Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC

#DirectosQPC arredor da comunidade educativa e cultural de Baio

Directos arredor do #FutboldaCosta

Comentarios