#QuedanaCasa: Guía de recursos didáticos e contidos culturais para pasar o tempo

Xa levamos unha semana confinados nas casas, e ademais dos xogos de mesa de toda a vida, a rede fainos máis doado pasar o tempo. Da man da Asociación de Medios en Galego, despois das colleitas feitas pol@s compañeir@s de CulturaGalega.org, Nós Diario, Praza e Vinte ou Galicia Confidencial, traemos este repaso para toda a familia.
Aulas Galegas
O proxecto Aulas Galegas está sendo unha das iniciativas máis traballadas. Un colectivo de mestr@s de todo o país están facendo unha guía online de verdadeira categoría para que as nais e os pais intentemos facer de profes estes días do #ColenaCasa. Seguro que ao remate desta corentena a sociedade valora moito máis a vosa profesión.
Unha marea de Recursos, orientados por niveis e por materias; curtas feitas nas aulas, información sobre a Atención á diversidade…
KalandrakaTV: Contos contados e outros recursos
Non hai mellor cousa que contar un conto en vivo e en directo, pero para que os maiores aprendamos a contalos, nada mellor que ver un dos contos contados que ten na súa nova web a editorial galega. As súas reportaxes tamén son interesantísimas.
O #CoronaBlues de Laxe
Víctor García Pose, alma do blues bergantiñán, lánzase este #CoronaBlues.
Pandemia de contos do Colectivo NOGA
Fermosa a proposta do Colectivo de Narración Oral de Galicia, esta #Pandemiadecontos que nos serve para ir de contacontos dende o noso sofá. Caxoto, Avelino González…
Festival Atlántica: O Conto non para
Tamén en clave de contos, o Festival Atlántica: O Conto non para trae xoias contadas de Celso Sanmartín, Sandra Araguas ou Dani Blanco:
Da miña casa á túa
Variada colleita de contidos feita polos nos@s artistas, como Víctor Grande:
Risas na rede
Xosé A. Touriñán e David Perdomo están quedando ás 23:00h para facer un vídeo en directo doble dende as súas casas… Tremendossss.
Ciclo de música dende o Sofá
Marabilloso proxecto de concertos dende a casa de varios artistas do país como Abe Rábade, Diana Tarin, Ugia Pedreira, Margarida Mariño…
Concertos dos Irmáns Maceiras
Diego e Alberto Maceiras ofrecen os seus concertos de acordeón todos os días dende Fene:
#CorentenaLiteraria
Cos cancelos #CorentenaLiteraria e #Euquedonacasa e da man de Diego Giráldez, columnista de Praza, temos unha marea de contidos literarios con xentes como Iolanda Zúñiga, Iria Collazo, Antonio García Tejero ou María Xosé Porteiro.
#CulturaenCasa #CorentenaLiteraria pic.twitter.com/8W3XIUwakP
— kokorodeirene (@kokorodeirene) March 16, 2020
Filmes en aberto
Temos varias produtoras que puxeron en aberto estes días os seus traballos:
Vía Láctea acaba de poñer en aberto a súa peli A Esmorga Fime
A ESMORGA - Versión Orixinal from Vía Láctea Filmes on Vimeo.
O eslabón perdido
O documental sobre percebes e boulder, de Pablo Cés, completo na rede:
Penumbria
A Agencia Curtas Metragem portuguesa comparte o documental Penúmbria, que recolle o declive poboacional de Muxía.
Penúmbria from Curtas Metragens CRL on Vimeo.
O arquivo da AELG
Podedes pasar polo arquivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e ollar os milleiros de contidos na nosa lingua.