As redeiras galegas, “colectivo imprescidible"

Rosa Rodríguez e Verónica Veres foron algunhas das redeiras costeiras que representaron a todas as súas compañeiras da Costa da Morte, nun acto celebrado esta fin de semana no Hotel María Pita da Coruña. A Gala Coe, artellada pola Federación Galega de Redeiras “O Peirao" (con sede en Malpica), servíu para reivindicar, visibilizar e recoñecer o traballo deste colectivo de mulleres profesionais do mar. E para celebrar a consecución do coeficiente redutor, despois de moitos atrancos superados.

Houbo entrega de recoñecementos a redeiras xubiladas das asociacións de Cangas, Cariño, Cedeira, Malpica e Porto do Son.

Durante a Gala,  deputada de Emprego, Rosa Ana García, destacou “o importante traballo que desenvolven as mulleres no mundo do mar, un labor moitas veces pouco visible, pero fundamental para un sector estratéxico en Galicia que é o sustento de miles de familias”, apuntou.

 

Máis novas das redeiras