Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Mariscadoras, percebeiros e redeiras poderán xubilarse aos 60 anos

Percebeiras de Malpica
Percebeiras de Malpica
Mariscadoras, percebeiros e redeiras poderán xubilarse aos 60 anos

O goberno vén de aprobar no Consello de Ministros o proxecto de Lei de Pesca Sostible e Investigación Pesqueira. Pendente aínda da aprobación parlamentaria, o texto inclúe unha serie de melloras para a pesca artesanal e o marisqueo.

As mariscadores, percebeiros e redeiras obteñen un 0,15 de coeficiente redutor, o que provoca unha redución duns 4 ou 4.5 anos na idade de xubilación. É unha demandas histórica do sector, que viu como ano tras ano o Ministerio non valoraba o esforzo físico destas profesións.

En calquera caso, a medida mírase con distintos ollos dende os diferentes sectores. Dende a Federación de Redeiras O Fieital consideran positiva a medida para paliar “unha necesidade que se vén reclamando dende hai moitos anos”. Pero apuntan que “realmente aínda non o temos, esperamos que o vaian ter en conta. Algo que xa estaba falado de antes da pandemia e paralizárase. O traballo aínda empeza agora”, deixa claro Verónica Veres.

Outra cousa é a versión dos percebeiros, que consideran que 60 anos é unha cifra demasiada alta para a súa xubilación. “Está claro que é unha boa nova, pero non non é suficiente”, apunta Roberto Vidal, percebeiro e Patrón Maior de Corme. Porque a realidade é que o sector ao completo loitou por un coeficiente de redutor duin 0,20, que provocaría unha redución na idade de xubilación duns 10 anos, que permitiría poder xubilarse aos 55-56 anos. “Nós dependementos de estar perfectamente de forma física e de saúde, e aínda a día de hoxe temos que andar gardándolles os audífonos ou gafas ás percebeiras máis maiores que xa non están como había anos”, explica. “Os percebeir@s máis maiores normalmente xa non poden coller os topes e teñen que estar trampeando anos ata que teñen a idade de xubilación”.

”Cremos que os percebeiros estamos sometidos a un esforzo maior, porque temos que gabear polas rochas, loitar contras os empuxes do mar… Cremos que tiña que especificar un pouco máis as nosas características”, considera Vidal. “É un carameliño, que está moi ben pero non cumple as nosas expectativas”, sentenza.

Novas relacionadas coas redeiras e cos percebeiros

Comentarios