Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carmen Riveiro e as Redeiras Artesás O Peirao, homenaxeadas na Gala Cultural da Deputación

Premios Culturais da Deputacion
Carmen Riveiro e as Redeiras Artesás O Peirao, homenaxeadas na Gala Cultural da Deputación
Acolleu o Teatro Colón esta noite de venres a Gala dos Premios Culturais da Deputación. Uns premios que serven de homenaxe a 12 persoas e entidades premiadas nas convocatorias do exercicio 2022.

Entre as premiadas atopamos ás bravas profesionais da Federación de Redeiras Artesás O Peirao, con sé en Malpica (acodiu a cormelá Rosa a recoller o galardón), así como a artesá do liño, Carme Riveiro.

Ademais deste premio Riveiro tamén recibiu un galardón o pasado decembro da Xunta.

Ao escenario tamén subiron Yolanda Castaño, os escritores Lois Pérez e Amador Castro, o grupo Mallou, a artesá Verónica Moar, a artista gráfica Myriam Gesalaga, os debuxantes e guionistas de banda deseñada Siqi Luis Yang, Uxía Larrosa e Francisco Pérez Villanueva, o fotógrafo Brais Lorenzo, e as representantes da Comisión de Igualdade do Ceip Barouta.

A Gala estivo presentada pola xornalista Marga Pazos, e contou coas actuacións da contadora Carmen Conda e música de Antía Muíño. Todas as persoas premiadas recibiron unha escultura creada ad hoc pola artista Soledad Penalta.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios