Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Redeiras do Peirao, premiada pola súa traxectoria co Premio Begoña Caamaño

A redeira Veronica Veres explicando o traballo das Redeiras
A presidente do Peirao, Verónica Veres explicando o traballo das Redeiras nunha visita institucional ao porto de Malpica
As Redeiras do Peirao, premiada pola súa traxectoria co Premio Begoña Caamaño

A área de Cultura da Deputación da Coruña vén de fallar o Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero. E un dos premios, na modade de Traxectoria’, foi para a Federación Galega de Redeiras Artesás. O xurado valorou a “dignificación que fan do traballo das mulleres no ámbito do mar, non só visibilizando as características singulares do seu labor, senón promovendo tamén actividades formativas destinadas á mellora das súas condicións sociolaborais”.

Tamén valoraron dunha entidade de ámbito estatal pero que ten base no porto de Malpica, “a posta en valor dun oficio esencial para a actividade marítimo-pesqueira e a vocación de vertebración do territorio que ten O Peirao, desde Ortegal ao Baixo Miño, tecendo rede nun colectivo cohesionado”, concluíndo que “son merecedoras do premio polo seu carácter reivindicativo dentro dun sector no que as fendas de xénero están moi presentes”.

A Federación, constituída en 2004, conta con 127 redeiras a través das seguintes asociacións profesionais: Asociación de Redeiras O Fieital de Malpica, Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme, Asociación de Redeiras de Cariño, Asociación de Redeiras de Cedeira, Asociación de Redeiras de Portosín, Asociación de Redeiras Virxe do Carme de Porto do Son, Asociación de Redeiras de Cangas O Cerco, e Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia.

Tamén foi recoñecida, na modalidade ‘Iniciativa’ a proposta do Grupo de Traballo de Igualdade e Xénero da ANPA do CEIP A Barouta, por promover unha estratexia coeducativa e sociocultural.

Novas relacionadas

Comentarios