O renting conquista Galicia: auxe do modelo sen entrada entre os particulares
O renting de vehículos afianzouse como unha das fórmulas preferidas polos condutores galegos para acceder a un coche novo sen preocupacións. Segundo os datos máis recentes achegados pola Asociación Española de Renting de Vehículos (AER), o sector rexistrou en Galicia un crecemento sostible durante o ano 2025, seguindo a tendencia observada a nivel nacional.
No conxunto de España, o renting pechará o ano con 350.000 matriculacións e un investimento superior ós 8.000 millóns de euros, unha cifra que, en palabras do presidente da AER, José-Martín Castro Acebes, asevera a solidez do modelo:
«Un mes máis o renting demostrou a súa fortaleza e o seu papel decisivo na mobilidade do noso país. 2025 está sendo un ano de consolidación e, a falta de dous meses para pechar o ano, parece que se acadará o obxectivo das 350.000 unidades matriculadas e os case 8.000 millóns de investimento en compra de vehículos, unhas cifras que manifestan a importancia do renting como catalizador da nova mobilidade e a capacidade investidora das compañías do sector nun contexto de cambio de paradigma, que o converten nun actor principal para acadar os obxectivos de descarbonización e unha mobilidade cada vez máis segura».
En Galicia, o renting para particulares creceu máis dun 8 % no que vai de 2025, con especial dinamismo nas cidades da Coruña, Vigo e Santiago, onde a demanda duplicou respecto de 2022. As provincias de Lugo e Ourense, aínda que con menor volume, rexistran incrementos sostidos grazas á expansión da oferta en liña e á chegada de novos modelos híbridos e eléctricos.
Os expertos sinalan que o renting galego avanza a un ritmo superior ó doutras comunidades do noroeste, impulsado pola dixitalización e a confianza do consumidor. En palabras dun analista do sector, «Galicia está deixando atrás a idea de que o renting é só cousa de empresas; hoxe, o particular é previsor e busca comodidade».

Razóns para elixir o renting
Cada vez máis galegos optan polo renting para particulares sen entrada como alternativa ó coche en propiedade. A comodidade, a transparencia e a ausencia de sorpresas no orzamento mensual son os principais factores que explican esta tendencia.
Entre os beneficios máis valorados destacan:
- Sen entrada nin gastos iniciais: o usuario paga só unha cota mensual fixa.
- Todo incluído: seguro, mantemento, asistencia en estrada, pneumáticos e impostos.
- Aforro e previsión: o cliente evita imprevistos e pode cambiar de coche cada poucos anos.
- Flexibilidade: posibilidade de elixir duración, quilometraxe e tipo de vehículo.
- Mobilidade sostible: acceso a coches híbridos e eléctricos con vantaxes fiscais.
En Galicia, onde a idade media do parque automobilístico supera os 13 anos, o renting converteuse nunha vía para rexuvenecer o parque automobilístico sen grandes desembolsos. Ademais, o modelo adáptase ás novas necesidades de mobilidade en áreas metropolitanas como Vigo ou A Coruña, onde a zona de baixas emisións impulsou a substitución de vehículos antigos por modelos máis eficientes.
As opinións sobre o renting entre os usuarios galegos son, en xeral, moi positivas: valoran a tranquilidadede ter todo resolto —desde o seguro até a ITV— e o feito de poder xestionar todo o proceso de maneira dixital. Esta transformación do consumidor provocou que as plataformas en liña especializadas vivan un auxe considerable.

Como funciona o renting (pasos e proceso)
Contratar un renting hoxe é un proceso rápido, 100 % dixital e sen papelame innecesario. As empresas máis innovadoras, como REVEL, impulsaron un modelo de contratación en liña que facilitou o acceso ó renting a milleiros de particulares galegos.
De facto, o proceso adoita ter os seguintes pasos:
- Elección do vehículo: o cliente selecciona o modelo e a configuración desexada.
- Duración e quilometraxe: o contrato adáptase ás necesidades de uso.
- Aprobación en liña: en menos de 24 horas valídase a operación, sen entrada.
- Entrega a domicilio ou no punto acordado: o coche entregase en poucos días.
- Goce sen preocupacións: seguro, mantemento, revisións e impostos incluídos.
A compañía REVEL situouse como referente do renting en España, cunha presenza crecente en Galicia. A súa fórmula —renting sen entrada e con todo incluído— responde á demanda de particulares que buscan facilidade e transparencia.
José Luis Sánchez Naveso, VP of Marketing & Brand de REVEL, destaca esta evolución:
«O renting democratizou o acceso a un coche novo sen complicacións. Cada vez máis particulares valoran a comodidade de contratar en liña e non ter que preocuparse polo seguro, os mantementos e o papelame innecesario.»
O modelo de REVEL, 100 % en liña, está especialmente aliñado co perfil do consumidor galego: práctico, previsor e cada vez máis dixitalizado. Ademais, o seu catálogo inclúe unha ampla gama de vehículos eléctricos e ECO, que contribúe á descarbonización do parque automobilístico e ó cumprimento dos obxectivos ambientais europeos.

Unha tendencia con futuro en Galicia
O renting para particulares en Galicia pasou de ser unha opción minoritaria a converterse nunha alternativa sólida e moderna á compra tradicional. A estabilidade económica do modelo, o seu aliñamento coa mobilidade sostible e a irrupción de plataformas dixitais como REVEL están impulsando unha nova cultura do uso fronte á propiedade.
Nun territorio marcado pola dispersión poboacional e a necesidade de mobilidade interurbana, o renting xorde como unha solución eficiente e adaptada ó estilo de vida galego. Todo indica que, nos vindeiros anos, o renting seguirá gañando terreo, non só nas grandes urbes, senón tamén nas comarcas do interior.
Galicia acelera así cara a unha mobilidade máis eficiente, sostible e dixital, co renting como motor dese cambio.