A resaca de Fabien tamén deixou incidencias e cortes

A preamar de Fabien deixou unha estampa inusual en Quenxe

Despois dun sábado de refachos espectaculares, a borrasca Fabien non acabou de marchar tampouco este domingo, e volveron rexistrarse refachos de 131 km/h na Gándara, Vimianzo. Pero non se preocupen, que este luns entra outra fronte, algo máis cálida, entra hoxe luns polo Atlántico.


Pedras caidas da Capela do Suceso de Fisterra

A comarca de Fisterra sufriu as consecuencias. Por exemplo Ara Solis. No pavillón fisterrán varios paneis solares, e un par de placas de metal laterais saíron voando, mentres que a rede de detrás da portería de Ara Solis quedou “colgada” sobre a estrada, completamente volcada.
Tamén a Capela de Nosa Señora do Suceso sufría a furia do vento de Fabien. Dúas bolas de máis de 200kg caían, feito que non impedía que se celebrase a misa pouco despois.


Placas caeron do pavillón de Fisterra

Ademais o mar da fin da terra viviron un suceso moi singular: os xaramiños, eses remuíños que se forman no mar cando sopra así o vento.


Portiño de Corcubión en pleno temporal

En Corcubión a pleamar desta mañá dominical tamén foi espectacular, sobre todo no mar. Quenxe e o portiño foron superados por unha pleamar que poucos lembraban.

Tamén en Dumbría, os Bombeiros de Cee tiveron que a cortar unha rama de grandes dimensións dunha árbore que se atopa sobre a liña eléctrica, unha das situacións máis repetidas destes días.

Os cortes de luz

A xornada volveu deixar innumerables cortes de luz en toda a comarca, volven indignar a milleiros de veciñ@s e centos de empresari@s. Ata 10 horas de apagón sufriron na vila do Cristo...

Veremos se os concellos se poñen as pilas e comezan a esixir de Naturgy e de Red Eléctrica unhas infraestruturas e un servizo de século XXI.

 

Novas relacionadas