Sábado. 08.08.2020
El tiempo

A borrasca Fabien zarandeou a Costa

Unha árbore caída polo temporal Fabien en Camariñas
Unha árbore caída polo temporal Fabien en Camariñas
A borrasca Fabien zarandeou a Costa

Sen tempo a dixerir as consecuencias do temporal Elsa, a Costa da Morte volveu sufrir o paso doutra potente borrasca. De nome Fabien, provocou a suspensión das actividades no exterior en toda Galicia, e mesmo a RFGF decidiu suspender a xornada sabatina pola Alerta Vermella.

Protagonizou valores absolutamente incribles, como os 183,5 km/h de Viveiro ou os 165 de Cedeira, demostran a potencia desta borrasca. A estación da Gándara, en Vimianzo, rexistrou o terceiro valor máis alto da xornada, os 145km/h rexistrados ás 19:40h. Malpica ou Camariñas tamén chegaron aos 130.
As chuvias foron máis fortes no sur de Galicia

Por suposto, volveron rexistrarse novos cortes de luz en numerosas partes da bisbarra, volvendo provocar a indignación de veciñ@s e propietarios de negocios.

Entre as incicendias, volve destacar Camariñas, que despois de que Elsa xa fixese grandes boquetes na pista do Reira e levantase o tellado da lonxa nova, tamén sufriu ben as consecuencias. Varias caídas de árbores en Xaviña (foi un clásico de Protección Civil en toda a comarca), e o corte do paseo ao Faro Vilán pola rotura dunha lousa de pedra, xa dende a piscifactoría.
En Camelle, o campo do Rodeiro quedou desfeito:

Desperfectos no Campo do Rodeiro polo temporal Fabien

En Laxe

Jose Luís Gil mándanos esta foto da desfeita do temporal por Laxe:

Casa derrubada en Laxe polo temporal Fabien

En Carballo

Temporal Fabien en Carballo polo CEIP Fogar

No CEIP Fogar desprendéronse varias planchas da nova cuberta, provocando un importante risco. Bombeiros, Protección Civil e Policía Local estiveron traballando durante boa parte da xornada para intentar asegurar a parte que permanece no seu sitio e evitar novos desprendementos, á espera de que os técnicos avalíen os danos e a empresa acometa as reparacións precisas.
Por precaución pechouse ao tráfico a rúa Vila de Noia.

Na rúa Verdillo tamén se desprendeu o tellado dunha casa situada no cruce coa rúa Cemiterio. As planchas voaron ata os edificios situados ao outro lado da calzada, provocando tamén danos e riscos importantes. Os equipos de emerxencias están a traballar agora mesmo no lugar.

Temporal Fabien en Carballo

No Ézaro

A estampa bonita da xornada, como soe ser habitual, a Fervenza do Ézaro.

Novas relacionadas

comentarios