Salvacadelos: 12 anos expandindo a rede de adopción
Salvacadelos é o Espazo Virtual de Adopción de animais máis antigo da Costa da Morte. A iniciativa que a Clínica Veterinaria Argos e QPC abrían en 2007, e que conta coa colaboración de Prodemar Stolt Sea Farm, leva case 12 anos creando familias.
Son centos de familias que teñen adoptado un animal que pasase pola rede de Salvalcadelos, sobre todo nas comarcas de Soneira e Fisterra, gracias a influencia do centro situado en Cee. Pero dende hai xa un ano, dende que a Clínica Veterinaria Argos abríu o seu novo local en Muros, a rede de adopción é aínda maior.
A día de hoxe, dende que en 2018 entrou en vigor a nova lei de protección animal, Salvacadelos colabora activamente con empresas que realizan a labor de recollida e mantemento dos animais. Na zona, dende Brandomil, traballa XEA, Xestión Ética do Abandono, e faino de xeito sostible. sen sacrificios e cun respecto absoluto polos animais.
É aí onde as protectoras, asociacións ou as iniciativas como Salvacadelos teñen o seu papel: atopar familias para todos eses cans ou gatos que aparecen abandonados pola zona.
Outra cousa para a que Salvacadelos funciona de marabilla é para atopar cans perdidos. A comunidade que ten creada Salvalcadelos a través do Facebook é tremendamente activa, e en canto se comparte un can perdido, as xente comezan a compartir e en poucas horas poden atopar á familia.
Salvacadelos conta case con 5.000 siareiros, e segue medrando!